COMENZO NOVO CURSO 2024 – 2025

Xa vos podedes matricular descargando as follas desde este blog e presentalas presencialmente ou por correo electrónico.

Tedes toda a información na carta informativa

Presentamos o Novo Curso 2023-2024

Este ano abrimos novo grupo de baile en Bertamiráns


Recordamos a tódolos alumnos e alumnas, que o as clases de baile e gaita tradicional, darán comezo o día 7 DE OUTUBRO.

Como novidade, teremos XORNADAS DE PORTAS ABERTAS, tódolos sábados de outubro nas clases de mañá e de tarde no local de Biduído.

O prazo de matrícula xa está aberto por correo electrónico ( correo@acoscastros.es ), e presencialmente será do 25 ó 29 de setembro, no local da Asociación, en: C/ Alcalde Lorenzo, nº2, 1º – Local 3 (Bertamiráns), de 21:00h a 22:00h. (Dirección Google Maps leendo o QR do cartel de presentación).

A forma de pago será a través de ingreso no caixeiro ou TRANSFERENCIA bancaria, na conta da Asociación, na entidade CaixaBank (LaCaixa).
Deberemos indicar no concepto “Matrícula 2023/24” e facendo constar o nome do alumno.
No momento da matrícula deberemos adxuntar xustificante de pago e a folla de matrícula cuberta.

ALUMNOS EN XERAL……………………………100€ (por alumno)
FAMILIAS DE MÁIS DE DOUS MEMBROS……200€ (só pagarán os dous maiores)
SOCIOS………………………………………………………….5 €
Os socios tamén deberán facer a transferencia na conta da Asociación, indicando no concepto “Socios 2023/24”, e coa folla de socios cuberta. É necesario que traian o xustificante de pago.
Terán de prazo ata o día da asamblea xeral.
Nº CONTA: ES08 2100 4775 2702 0019 7377

OS ALUMNOS NOVOS QUE SE MATRICULAN POR PRIMEIRA VEZ NA ESCOLA , deberán vir primeiro a última semana de setembro a falar coa directiva.

Importante actualización tras anuncio:

As clases de baile tradicional realizaranse na Casa da Cultura de Bertamiráns os sábados de 16:30 a 19:30




Comenza o curso 2019-20

FOLLA DE MATRICULA

FOLLA DE SOCIOS

Recordamos a tódolos alumnos e alumnas, que as clases de baile e gaita tradicional, darán comezo o día 7 DE OUTUBRO, e que teremos a presentación e organización dos grupos o sábado día 5 de Outubro ás 10:00H en Bugallido.

O prazo de matrícula será do 23 ó 27 de setembro, no local social de Bugallido de 21:00h a 22:00h tódolos días. Se hai alguén que non poida acudir nese horario, estaremos o día 28, sábado, en Bugallido de 10:00h a 11:00h. A forma de pago será a través de TRANSFERENCIA bancaria, na conta da Asociación, na entidade CaixaBank (LaCaixa). É IMPORTANTE QUE SE FAGA TRANSFERENCIA, E NON INGRESO POR CAIXA.

Deberemos indicar no concepto “Matricula 2019/20” facendo constar o nome do alumno, e adxuntar xustificante de pago e a folla de matrícula cuberta.

ALUMNOS EN XERAL…………………………………….90€/ALUMNO
FAMILIAS DE MÁIS DE DOUS MEMBROS………180 € (só pagarán os dous maiores) SOCIOS………………………………………………………….5 €

Nº de conta: (CaixaBank)  ES08 2100 4775 2702 0019 7377

Os socios tamén deberán facer a transferencia na conta da Asociación, indicando no concepto “Socios 2019/20”, e coa folla de socios cuberta. É necesario que traian o xustificante de pago.
Terán de prazo ata o día da asamblea.

OS ALUMNOS NOVOS QUE SE MATRICULAN POR PRIMEIRA VEZ NA ESCOLA , deberán vir primeiro a última semana de setembro a falar coa directiva.

Un cordial saúdo

A Directiva

Colabora:

page1image36218416

Festival fin de curso 2018-19

O vindeiro día 16 de xuño do 2019 celebraremos as 18:00 na Casa de Cultura de Bertamiráns o Festival de Fin de Curso 2018-19.

Coa colaboración do Concello de Ames e a Papelería Chavián, este ano contamos co presentador e monologista acústico Manuel Otero Boquete e participarán os alumnos das escolas de Baile, Gaita e Percusión así como a Banda de Gaitas da A.C. Os Castros. Convidámosvos a participar na festa do baile e da música tradicional da Asociación, agardámosvos.